Preguntas Frecuentes

Contido despregable

¿Cales son os prazos de entrega?

En Alune, queremos que desfrutes da túa compra canto antes. Por iso, os nosos envíos teñen un prazo estimado de 3 a 5 días hábiles.

A que zonas realizamos envíos?

Realizamos envíos a toda España e ao norte de Portugal.

¿Cales son os gastos de envío?

Os gastos de envío son de 5,95€ para pedidos nacionais, e é gratuito para pedidos superiores a 60€.

Que formas de pagamento aceptamos?

Tarxetas de crédito e débito: Visa e Mastercard.
PayPal: paga de forma rápida e segura coa túa conta de PayPal.
Transferencia bancaria: Realiza o pagamento directamente desde o teu banco.
Elixe a opción que mellor se adapte a ti e disfruta dunha experiencia de compra fácil e segura.

Por que non recibín a confirmación do meu pedido?

Se non recibiches o correo de confirmación, revisa a túa bandexa de entrada e o cartafol de spam. Se aínda non o atopas, contáctanos para que poidamos verificar o estado do teu pedido.

Como podo cancelar o meu pedido?

Se desexas cancelar un pedido, por favor contacta connosco o antes posible. Intentaremos axudarche se o pedido aínda non foi procesado ou enviado.

Como podo realizar unha devolución?

Se non estás completamente satisfeito coa túa compra, podes realizar unha devolución dentro dos 14 días posteriores á recepción do produto. Para máis detalles, por favor consulta a nosa Política de Devolucións.

¿Onde podo aplicar un código promocional ou a miña tarxeta agasallo?

Podes aplicar un código promocional ou a túa tarxeta agasallo directamente no proceso de compra, na sección de «Resumo de pedido», antes de finalizar o pagamento.

¿Podo acumular códigos de desconto?

Non, os códigos de desconto non son acumulables. Só podes usar un por compra.

Tes problemas para acceder á túa conta?

Se tes problemas para acceder, non te preocupes. Primeiro, revisa que o teu correo e contrasinal sexan correctos. Se esqueciches o teu contrasinal, podes restablecelo facilmente. Se segues tendo dificultades, non dubides en escribirnos e estaremos encantados de axudarte a resolvelo. Queremos que goces da túa experiencia connosco!.

¿Que fai especiais as velas alune?

En Alune, todos os produtos —velas, wax melts e ambientadores— están elaborados a man con cera de soia 100 % vexetal e fragrancias libres de parabenos e ftalatos, nunca testadas en animais. Ao seren artesanais, poden presentar pequenas variacións que os fan especiais e únicos.
Utilizamos envases reciclables e reutilizables, e unha embalaxe ecoamigábel deseñada para reducir ao máximo o impacto ambiental.

¿Como debo coidar as miñas velas Alune para que duren máis tempo?

Primeiro acendido: Acende a túa vela ata que a cera se derreta completamente ata os bordos. Así evitarás túneles e maximizarás a súa duración.
Coidado da mecha: Antes de cada uso, recorta a mecha a 5 mm. Isto asegura unha chama estable e sen fume.
Usa a túa vela en sesións curtas: Goza da vela en quendas de ata 4 horas. Deixa que arrefríe e solidifique antes de volver acendela.
Apágaa con coidado: Utiliza un apagavela ou tapa a vela para extinguila suavemente sen fume nin salpicaduras. Se usas a tapa, asegúrate de abrila despois.
Naturalidade: Se notas pequenas irregularidades na cera, é completamente normal. É só a cera de soia, a nosa opción natural para brindarche a mellor experiencia.